sábado, 2 de julio de 2016

Espida, adaptación teatral da novela "Desnuda" de JORDI SIERRA I FABRA




As veces as ideas xorden sen querer, sen buscalas. O destino pon nas nosas mans unha imaxe, un vídeo, un libro e... nace a ilusión.


Veu á biblioteca como un agasallo e despois de lelo empezou a matinar a idea de amosar o contido nunha obra de teatro. Dende a biblioteca puxémonos mans a obra e logramos adaptar  un guión coa idea de representalo o día 24 de novembro, día internacional contra a violencia de xénero, diante do noso alumnado.


E así comezou esta andaina. Propuxemos a idea entre os diversos clubs de lectura e logramos buscar sete intérpretes para os diversos personaxes.


Traballamos arreo, en horas libres, en horas de clase prestadas, en ensaios vespertinos aos que desinteresadamente acudían os alumnos.



A posta en escena foi tamén peculiar. Coa colaboración da Dirección do centro constrúese un escenario para facer un teatro de sombras e realizar unha representación na que só se viran as sombras dos actores.



idea gustou entre o elenco e tras moitos ensaios puidemos facer realidade o noso soño.








E chegou maio e con el o "Ben Veñas, Maio" e participamos na sección de teatro.
Houbo que traducir a obra ó galego contando coa inestimable axuda do departamento de Lingua Galega.

E así foi como demos remate a esta andaina cunha representación no Teatro Principal o día 4 de maio diante dos compañeiros do instituto.





Consultar resto da entrevista de "La Voz de Galicia"




















O neno do pixama a raias de JHON BOYNE

Unha historia, en que o protagonista, Bruno, un neno de nove anos, se muda coa súa familia a unha casa xunto a unha cerca. Cercas como esa existen en moitos sitios do mundo, só desexamos que non te atopes nunca con unha.

Antes de iniciar  a lectura buscamos en internet material para contextualizar a época na que se desenvolve a trama: o nazismo.

Este powerpoint amosa aspectos históricos relevantes e clarificadores





Comienzos, auge y_caida_del_nazismo_sara_sanchez from titoogando



Os alumnos contan a súa visión con estos vídeos



video