jueves, 14 de abril de 2016

Visita á Feira do Libro de Pontevedra

O pasado venres,  día 8 de abril, os membros dos clubes de lectura do instituto participaron nunha visita á Feira do Libro, tal como vimos facendo nos últimos anos. O obxectivo é dobre. Por unha banda visitar as librerías e coñecer as novidades que presentan; e por outra banda seleccionar algúns libros para a Biblioteca do centro, libros que gustan ós lectores.

Este ano contamos cun orzamento bastante xeneroso e ó final puidemos adquirir unha boa cantidade de libros novos para a biblioteca, e que agora están a disposición de todos os lectores. Hainos de tódalas clases e temáticas, polo que seguramente atoparedes algunha novidade que sexa do voso interese.


Ademais grabamos este video que recolle a visita. Nel os alumnos que asistiron recomendan algúns dos libros que escolleron.

E como vén sendo habitual, o Equipo da Biblioteca elaborará a guía de lectura de verán tomando como base as eleccións realizadas nesta Feira.


No hay comentarios:

Publicar un comentario