domingo, 25 de octubre de 2015

Farenheit 451 de RAY BRADBURY


Primeiro libro deste grupo, escollido entre unha terna de distopías: 1984  e Un mundo feliz.

Marabilloso libro que trata sobre unha sociedade distópica na que todo a cultura desapareceu, conservándose só aquelas formas que son meros entretementos, como a TV ou o cinema. 

Antón, componente do grupo opinaba así: "Estupenda lectura que nos amosa a ignorancia contra o inconformismo e tamén,  o futuro ao que o noso modelo social pode conducirnos".




Trala lectura e comentario propúxolles ao grupo que buscasen frases para comentar e estas foron algunhas das seleccionadas:

"Un libro é unha arma cargada na casa do lado. Quen sabe cal pode ser o obxectivo do home que leu moito?"

"Ten que haber algo nos libros, cousas que non podemos imaxinar para facer que unha muller permaneza nunha casa que arde. Aí ten que haber algo. Un non se sacrifica por nada".


"Non es como os demais. E vin a moitos, e coñézoos. Cando falo ti mírasme. Onte á noite, cando dixen algo acerca da lúa, ti miraches cara á lúa. Os demais nunca farían algo así. Os demais deixaríanme falando soa ou me ameazarían. Agora ninguén ten tempo para ninguén".

"Cando morre, todo o mundo debe deixar algo detrás, dicía o meu avó. Un fillo, un libro, un cadro, unha casa, unha parede levantada ou un par de zapatos. Ou un xardín plantado. Algo que a túa man tocará dun modo especial, de modo que a túa alma teña algún sitio onde ir cando ti morras, e cando a xente mire esa árbore, ou esa flor, que ti plantaches, ti estarás alí."


No hay comentarios:

Publicar un comentario