Como vén sendo habitual, todos os anos facemos un roteiro centrado nunha figura senlleira da cultura e das letras galegas. e tocoulle o turno a Eduardo Blanco Amor.
Dúas foron as obras sobre as que traballamos: Os biosbardos e A esmorga. A primeira foi obxecto de estudo nos clubs de 1º, 2º e 3º de Narrativa, 3º de PEMAR e 4º de Diversificación. A esmorga centrouse en 1º de Bacharelato.
Despois de varias sesións durante os recreos sobre as obras, preparamos esta saída a Ourense na que contamos coa colaboración da Concellería de Cultura e Educación do Concello de Ourense, facilitándonos un guía que nos foi presentando os diversos espazos nos que se desenvolveron as andanzas do Castizo, o Bocas e o Mihomes.
Durante o percorrido visitamos a catedral onde puidemos as caracteristicas do románico tardío e a influencia do Maestro Mateo no Pórtico do Paraíso. Posteriormente presenciamos o Belén do escultor Arturo Baltar e que nos mostra xentes, edificios e lugares recreados nas vivencias do autor. Relacionado con A esmorga e coa amizade con Blanco Amor, Arturo Baltar reflexa no Nacemento a taberna que aparece na obra.
Aproveitando dúas exposicións que había no Museo Municipal, o alumnado puido desenvolver a súa percepción e agudeza artística tratando de comprender a visión do escultor Antonio Souto, que nos amosa un universo abstracto de espazos e volumes coa figura humana como protagonista. A singularidade deste arquitecto reconvertido foi o emprego de materiais como tubos metálicos de diverso tipo. Así mesmo puidemos presenciar unha mostra de xoves valores na exposicón Cromática IV, participando nunha votación para seleccionar o cadro máis valorado da mostra.
E por último, como ben dicía Cristian (membro do club), "para ter un momento de relax" mergullámonos nas termas públicas de A Chavasqueira, dando por finalizado o roteiro.
Este vídeo é unha pequena mostra do que aconteceu.
martes, 19 de abril de 2016
jueves, 14 de abril de 2016
Visita á Feira do Libro de Pontevedra
O pasado venres, día 8 de abril, os membros dos clubes de lectura do instituto participaron nunha visita á
Feira do Libro, tal como vimos facendo nos últimos anos. O obxectivo é dobre.
Por unha banda visitar as librerías e coñecer as novidades que presentan; e por
outra banda seleccionar algúns libros para a Biblioteca do centro, libros que
gustan ós lectores.
Este ano contamos
cun orzamento bastante xeneroso e ó final puidemos adquirir unha boa cantidade
de libros novos para a biblioteca, e que agora están a disposición de todos os
lectores. Hainos de tódalas clases e temáticas, polo que seguramente atoparedes
algunha novidade que sexa do voso interese.
Ademais grabamos
este video que recolle a visita. Nel os alumnos que asistiron recomendan algúns
dos libros que escolleron.
E como vén sendo habitual, o Equipo da Biblioteca elaborará a guía de lectura de verán tomando como base as eleccións realizadas nesta Feira.
E como vén sendo habitual, o Equipo da Biblioteca elaborará a guía de lectura de verán tomando como base as eleccións realizadas nesta Feira.
lunes, 4 de abril de 2016
La estragia del parásito de CÉSAR MALLORQUÍ
Primeira lectura de 4º de Diversificación
Óscar Herrero, nárranos a historia de como a súa vida cambiou, pasando de ser un simple estudante de xornalismo a converterse nun fuxitivo, acusado de violar e asasinar a varias persoas. Pero, é iso certo?.
A historia comeza cando Óscar recibe un sobre dun antigo coñecido, Mario Rocafort. No sobre, ademais dunha carta (onde lle explica que algo grande e catastrófico vai ocorrer si non se fai nada para remedialo), atopa un pendrive con dous arquivos dentro. Un deles chamado camaleón; o outro, Miyazaki. Este último, protexido por unha contraseña que ninguén cre coñecer. Ese obxecto diminuto (o pendrive) será o que cambie a súa vida para sempre. A partir de entón, Óscar, dedicarase a investigar o por que desa carta. Que esconden realmente os arquivos e por que é el, o elixido, para sacar á luz un asunto, a primeira ollada, tan importante.
Pero non o terá nada fácil. A medida que avance nas súas investigacións irase dando máis a coñecer, cometendo, así mesmo, erros irreparables. Será cando Miyazaki, un ser do que pouco se sabe, presénciese na vida de Óscar alegando que, si non lle dá o que quere, é dicir, o pendrive, terá que asumir graves consecuencias. Consecuencias que poden chegarlle ata a perder a vida. Conseguirá cumprir co obxectivo que lle asignou Mario? Ou, pola contra, decidirá darlles o que queren con tal de que a súa vida non corra perigo?
MIYAZAKI VIXÍATE.
INTERNET É MIYAZAKI
OCÚLTASE. NON PODES VELO. PERO SEMPRE ESTÁ AÍ.
NON É UN VAMPIRO, PERO ALIMÉNTASE DE TI.
POR ISO ESCÓNDESE E UTILÍZATEE.
E, ENTRE TANTO, MEDRA E MEDRA SEN PARAR.
INTERNET É MIYAZAKI
OCÚLTASE. NON PODES VELO. PERO SEMPRE ESTÁ AÍ.
NON É UN VAMPIRO, PERO ALIMÉNTASE DE TI.
POR ISO ESCÓNDESE E UTILÍZATEE.
E, ENTRE TANTO, MEDRA E MEDRA SEN PARAR.
Despois da lectura realizamos unha sesión na aula para comentar tanto a obra como os personaxes e a temática. E este foi o resultado.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)