jueves, 12 de junio de 2014

VERSOS A COMPOSTELA de Rosalía de Castro

Foi a terceira obra seleccionada polos dous clubs de ESO. Fixemos unha sesión previa onde se presentou información sobre Rosalía e a bibliografía existente na biblioteca.


Na segunda sesión naceu a idea de realizar un roteiro literario pola cidade de Santiago de Compostela tomando como punto de partida os poemas que aparecían na citada obra, 

A medida que nos introducimos no seu contido foron madurando diversas iniciativas:

·      Selección de relatos.
·      Lectura pública dos textos en lugares significativos de Santiago: Obradoiro, Catedral, Panteón de Galegos Ilustres en Santo Domingo de Bonaval.
·      Indagar na vida de Rosalía e presenza activa na cidade.
·     Visitar lugares senlleiros de Santiago citados no poemario.

Á vista da cantidade de información xenerada tomamos a iniciativa de elaborar un roteiro pola cidade de Santiago, relacionando poemas do libro con lugares emblemáticos da cidade e que tiveron unha impronta destacada no trascurso da vida de Rosalía. Así mesmo queriamos facer a excursión a Santiago e facer as lecturas in situ, pero un erro na planificación impidíu a súa realización, quedando pendente de facela para o vindeiro curso. Este é o roteiro elaborado: