miércoles, 22 de marzo de 2017

Á lus do candil de ÁNXEL FOLE

As Fragas do Eume vai ser o destino da nosa saída cultural e Ánxel Fole e Á lus do candil, os nosos protagonistas. A través dos catorce contos con que conta o libro, Fole vainos levar ó mundo rural galego coas súas tradicións e medos, creencias e supersticións, empregando o galego suave do Caurel, xunto co misterio da noite na que só se aprecia a luz do candil.

"As noites de inverno soio son boas pra os trasgos, pra as meigas, pra os lobos… E pra quen escoita contos de medo sentindo rombalo vento." 


Antes de realizala visita, léronse algúns dos contos. Un deles foi Os lobos, do que atopams guías para a súa lectura e comprensión e a continuación. Por último, vimos esta versión cinematográfica.





Posteriormente realizamos a saída cultural polas Fragas do Eume.

miércoles, 28 de septiembre de 2016

Ollos de auga de Domingo Villar



"Ollos de auga" , novela do escritor galego

               Domingo Villar



Está ambientada na cidade de Vigo e os dous protagonistas principais son o inspector Leo Caldas e o seu compañeiro Rafael Estévez, que investigan o asasinato dun xoven saxofonista que morre nunhas circunstancias moi estrañas. 


Pertence ó tipo de novela




A trama consiste, xeralmente, na resolución dun misterio de tipo criminal.

O protagonista na novela policíaca é normalmente un policía ou un detective, que, mediante a observación, a análise e o      

                                         razoamento deductivo

consegue finalmente averiguar como, onde, por que se produciu o crimen e quen o perpetrou. 



Resultado de imaxes para razonamiento deductivoResultado de imaxes para razonamiento deductivo











Novelas policiacas famosas:

El guardián invisible 

Se queres información sobre novidades de literatura negra visita este enlace            Novidades








sábado, 2 de julio de 2016

Espida, adaptación teatral da novela "Desnuda" de JORDI SIERRA I FABRA




As veces as ideas xorden sen querer, sen buscalas. O destino pon nas nosas mans unha imaxe, un vídeo, un libro e... nace a ilusión.


Veu á biblioteca como un agasallo e despois de lelo empezou a matinar a idea de amosar o contido nunha obra de teatro. Dende a biblioteca puxémonos mans a obra e logramos adaptar  un guión coa idea de representalo o día 24 de novembro, día internacional contra a violencia de xénero, diante do noso alumnado.


E así comezou esta andaina. Propuxemos a idea entre os diversos clubs de lectura e logramos buscar sete intérpretes para os diversos personaxes.


Traballamos arreo, en horas libres, en horas de clase prestadas, en ensaios vespertinos aos que desinteresadamente acudían os alumnos.



A posta en escena foi tamén peculiar. Coa colaboración da Dirección do centro constrúese un escenario para facer un teatro de sombras e realizar unha representación na que só se viran as sombras dos actores.



idea gustou entre o elenco e tras moitos ensaios puidemos facer realidade o noso soño.








E chegou maio e con el o "Ben Veñas, Maio" e participamos na sección de teatro.
Houbo que traducir a obra ó galego contando coa inestimable axuda do departamento de Lingua Galega.

E así foi como demos remate a esta andaina cunha representación no Teatro Principal o día 4 de maio diante dos compañeiros do instituto.





Consultar resto da entrevista de "La Voz de Galicia"




















O neno do pixama a raias de JHON BOYNE

Unha historia, en que o protagonista, Bruno, un neno de nove anos, se muda coa súa familia a unha casa xunto a unha cerca. Cercas como esa existen en moitos sitios do mundo, só desexamos que non te atopes nunca con unha.

Antes de iniciar  a lectura buscamos en internet material para contextualizar a época na que se desenvolve a trama: o nazismo.

Este powerpoint amosa aspectos históricos relevantes e clarificadores





Comienzos, auge y_caida_del_nazismo_sara_sanchez from titoogando



Os alumnos contan a súa visión con estos vídeos



video




miércoles, 29 de junio de 2016

Novela gráfica e manga

Foi un  dos grupos mais numerosos dos clubs de lectura. Nada mais e nada menos que 22 membros. Levamos xa tres anos incidindo nesta temática que tanto atrae e da que vai medrando dun xeito espectacular.


Aproveitando o coñecemento que varios membro teñen sobre a temática manga, decidimos facer unha primeira sesión tratando de explicar que é  o manga, como naceu, características, temáticas, etc.,  para alumnos que o descoñecían.





Decidimos na primeira reunión elaborar un plan de traballo anual, dividindo o curso en dous apartados. O primeiro cuatrimestre adicámolo ó manga e o segundo, á novela gráfica.





Do grupo de manga encargáronse catro compoñentes que se repartiron por temáticas: mahō shōjo, shonen, mecha e spokon.

Nuria presenta o manga ós compañeiros noveles





Silvia presenta o seu grupo de traballo







A continuación mostramos os traballos realizados polos componentes do grupo tanto de manga como de novela gráfica.











Ana García fainos unha excelente presentación do cómic Maus de Art Spiegelman

David Márquez Salomón achéganos a I Guerra Mundial a través do cómic "La guerra de las trincheras" de Jacques Tardi.